Arquivo do blog

Día Internacional da Lingua Materna

Imaxe

Resultado de imaxes para día internacional da lingua materna galego

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.

O Día Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento internacional do Día do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh desde 1952, cando varios estudantes da Universidade de Dacca morreron a mans da policía paquistaní durante as protestas do Movemento pola Lingua Bengalí.

O 21 de marzo de 1948, Mohammed Ali Jinnah, gobernador xeral de Paquistán, declarou o urdu única lingua oficial tanto de Paquistán Oriental como de Paquistán Occidental. Paquistán Oriental tiña a maioría de habitantes do estado e o urdu só era falado polo 7’05% da poboación de Paquistán Occidental. Ao mesmo tempo, o bengalí era a lingua materna da maioría dos habitantes de Paquistán Oriental (actual Bangladesh), polo que estes protestaron contra a declaración do urdu como lingua oficial. O 21 de febreiro de 1952 (o 8 do mes de falgun de 1358 no calendario bengalí) estudantes da actual capital, Dacca, convocaron unha folga provincial e o goberno declarou un toque de recollida para evitala. Para evitar enfrontamentos e non violar o toque de recollida, as protestas fóronse suavizando. Non obstante, malia as manifestacións seren pacíficas, a policía paquistaní abriu fogo contra os estudantes e morreron varias persoas.

Advertisements

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Imaxe

 

cartel montaje xerox.fh11Un ano máis, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebra o Día da Ciencia o próximo martes 12 de novembro.

Desta volta, as persoas encargadas de divulgar os seus coñecementos na materia serán Jorge Mira (para ESO e Bacharelato) e Marilar Aleixandre (para Primaria), a través dunha videoconferencia cos centros de ensino interesados.

Deixámosvos toda a información no seguinte enlace:  http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php 

CONCURSO DE TALLA DE CABAZAS

Imaxe

imagesCA3SBJ1FOutro ano máis, o EDLG do CPI ‘As Revoltas’ convídate a traeres a túa propia cabaza ao colexio coincidindo coa última semana do mes de outubro, na que imos celebrar o Samaín.

Haberá un premio por cada aula de Infantil e Primaria para aquelas cabazas máis elaboradas ou orixinais, para as máis terroríficas, divertidas…

Os agasallos seranlle entregados ao alumnado gañador durante a celebración do Magosto, que terá lugar o próximo día 8 de novembro para Infantil e Primaria.

Todo é poñerse… a que esperas? Podes consulta as bases no seguinte enlace: cabazas13