Resultado de imaxes para igacienciaNa páxina de Igaciencia recollen o traballo desenvolvido no noso centro para contribuír á reivindicación do ensino da Ciencia en galego e difunden as diferentes actividades realizadas nas Revoltas

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/o-d%C3%ADa-da-ciencia-en-galego-na-prensa

E tamén se difunde no Facebook do Día da Ciencia en Galego: https://www.facebook.com/groups/111486615577076/?fref=ts

A contribución de Igaciencia e o traballo colectivo de moitos centros educativos fai posíbel sumar grans de area e unirmos esforzos para continuar con alento traballando a prol dunha ciencia na nosa lingua.

A nosa contribución nesta data podedes vela neste resumo:

Artigos do alumnado de 4º ESO de CIencias reflexionando sobre a necesidade de facer ciencia en galego e a súa relación coa vida cotiá.
https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/4-de-novembro-dia-da-ciencia-en-galego/

Exposición de cartaces de Ciencia en Galego nos corredores de Primaria.

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/04/exposicion-de-cartaces-de-ciencia-en-galego-nos-corredores-de-primaria/

Exposición de cartaces de animais en galego nos corredores de Educación Infantil.

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/cartaces-de-animais-no-dia-da-ciencia-en-galego/

Exposición libros de Ciencia en Galego e traballo sobre a Ciencia da ESO.

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/04/exposicions-de-libros-de-ciencia-e-traballos-para-o-dia-da-ciencia-en-galego/

Presentación sobre os legumes nas aulas de Lingua Galega de 2º da ESO baixo a coordinación de Ana Martínez e na que aproveitamos moito do material que nos enviou Igaciencia.

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/presentacion-sobre-os-legumes-no-dia-da-ciencia-en-galego-2016/

Guía de lectura de ciencia en galego elaborada pola Biblioteca e o EDLG.

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/guia-de-lectura-de-ciencia-en-galego/

dia_da_ciencia_en_galegoDía da Ciencia en Galego

importancia-ciencia

A IMPORTANCIA DA CIENCIA, Natalia Fariña Mata 4º ESO B

A ciencia é un factor moi importante na vida real, xa que, entre outras cousas, os descubrimentos científicos permitiron mellorar a nosa calidade de vida; descubriuse a electricidade, a luz… e inventáronse utensilios como os móbiles, coches, ordenadores… Ademais, a ciencia tamén foi importante no avance das “letras”, xa que, grazas a expedicións arqueolóxicas, encontráronse antigos textos en diversas linguas, obxectos usados na prehistoria, na Idade Media… así como restos de antigas cidades.  Hoxe en día, todos os obxectos que crea o home fanse grazas a ciencia; dende os máis sinxelos ata os máis complexos. Por exemplo, ao fabricar un libro, estase empregando a química; coa roupa tamén; para construír unha casa, un edificio… é necesario o uso das matemáticas, da física e do debuxo técnico; para crear un coche, un móbil ou un ordenador empréganse as mates e a física, etc.  Na vida cotiá, a ciencia permítenos comunicarnos cos demais máis facilmente, enviando “WhatsApps”, correos electrónicos, chamando ou polas redes sociais; Facebook, Twitter, Snapchat, Instagram…  Tamén nos axuda a ter unha vida máis saudable, proporcionándonos menciñas, pezas de recambio para o corpo… Grazas a ela, melloramos os alimentos, a calidade da auga… Ademais proporciónanos enerxía para todo. Isto implica que non pasemos nin frío nin calor, que faga que funcionen cantidade de aparatos… Así mesmo, a ciencia facilita o noso ocio, é dicir, o noso tempo libre, xa que se crean máquinas para facer deporte, novidades para practicar calquera actividade que che guste…

cienciacotia

A CIENCIA NA VIDA COTIÁ, Yoli Rama Cousillas (4º ESO B)

Estou segura de que todos os que estudamos algunha vez nas nosas vidas nos preguntamos: ¿De que me vai servir isto a min cando deixe a escola? E nalgúns casos é verdade. Pero do que a maioría das veces non nos damos conta é de que esas aburridas clases de física e matemáticas só son unha forma enrevesada de definir sucesos do noso día a día. Poñamos un exemplo. Se eu agora dixera que quero que calculedes o movemento parabólico dun esférico que se move a 2 metros por segundo, probablemenente me dixerades que non sabedes facelo. Pero iso é falso. Ou é que nunca xogastes ao baloncesto e calculastes a forza para lanzar o balón á canastra?

Que queredes máis exemplos? Agora mesmo.

Recentemente foi a festa da Pilarica, e seguro que todos quixestes ir. E para ir que hai que facer? Pedirlle permiso aos pais. Nese momento en que lle rogabades que vos deixaran chegar un pouco máis tarde e lles prometiades que, se o facían , a cambio vós limpariades toda a casa ao día seguinte (incluso sabendo que probablemente estariades demasiado cansos como para facer nada), estabades a utilizar a psicoloxía.

A verdade é que, queiramos ou non, a ciencia está presente ata na forma na que respiramos, transformando osíxeno en dióxido de carbono, na forma na que tomamos o sol e poñemos crema solar para protexernos dos raios UVA, ou en algo tan simple como acender unha bombilla e para iso necesitamos contar cun circuíto pechado.

En resumo: non é só ciencia, é rutinaloxía.

mateensino

O ENSINO DAS CIENCIAS, Nerea Seoane (4º ESO B)

Vivimos nunha sociedade na que a ciencia ocupa un lugar fundamental no sistema produtivo e na vida cotidiá en xeral. A poboación necesita unha cultura científica para aproximarse e comprender a complexidade e globalidade da realidade contemporánea, para adquirir habilidades que permitan desenvolverse na vida cotiá e para relacionarse co seu contorno, co mundo do traballo, da produción e do estudo.
A sociedade tomou conciencia da importancia das ciencias e da súa influencia en temas como a saúde, os recursos alimenticios e enerxéticos, a conservación do medio ambiente, o transporte e os medios de comunicación, as condicións que melloran a calidade de vida do ser humano.
A importancia do ensino das ciencias na sociedade actual é hoxe plenamemente recoñecida. Este recoñecemento, unido á crecente preocupación polo fracaso en lograr que os alumnos adquiran coñecementos científicos, conduciu a propoñer a instrodución do ensino das ciencias a idades máis pequenas.
Paréceme correcto poñer as ciencias como materias obrigatorias, xa que as persoas dende bastante novas, terán un coñecemento bastante alto.

gusano-robot-fantasia

A CIENCIA NA SOCIEDADE, Simón Collazo Lema, 4º ESO B

A ciencia é un factor moi importante na humanidade. Axudounos en moitas cousas e a arranxar problemas que tivemos ao longo da historia.

Saúde, medios de transporte, información, enerxías renovables… todo isto puido evolucionar ao de hoxe en día grazas á ciencia. Esta achegounos numerosos avances: atopamos novas menciñas para as enfermidades, percorremos máis rápido a distancia dun lugar a outro, o home chegou a lúa, inventáronse artefactos para facer sondeos polo espazo exterior… e moito máis.

As nosas ganas de saber impulsou a ciencia a evolucionar moito desde a antigüidade.

Pero tamén hai consecuencias. Desde que está a mellorar contamínase máis: o CO2 que desprenden os transportes causa un grande impacto nos nosos ecosistemas; os casquetes derrétense e nos, co avanzados que estamos na ciencia, non queremos facer nada; as especies de animais estanse extinguindo e nós, seguimos cazándoos coas novas armas que se fabrican.

Ao mellor nun futuro, cando teñamos máis recursos, poderemos facer algo contra estes problemas e coa axuda da ciencia facer deste un lugar mellor.

A LINGUA DOS NÚMEROS, Uxía Pérez García, 4º ESO B

mates-en-galego

Eu tiña dous anos cando aprendín os números. A mestra da unitaria sinalábanos cada un dos debuxos e repetía unha palabra unha vez tras outra ata que nos decatamos de que ese debuxo 1 que aparecía no encerado era, en realidade o número un. O mesmo fixo cos debuxos 2,3,4,5,6… e así ata que todos colleron unha voz propia,a capacidade de falar…En galego.

Si, os meus números falaban galego. Ao principio era só de maneira individual, é dicir, que o dez era o dez e o nove era o nove e non había máis do que falar. Pero alí pola idade dos seis anos descubrín que todo tiña unha relación, que dous números podía ser un e un podía ser a “mestura” de dous…Estoume referindo ás miñas primeiras sumas.

Se o pensades ben, cando un neno pequeno aprende a falar e coma se aprendera matemáticas. Primeiro este aprende algúns sons, e , paso seguido, xunta eses sons e convérteos en palabras e despois esas palabras ao xuntalas convérteas en frases e oracións. Así pois, se ese mesmo neno aprende matemáticas, primeiro aprende a dicir un, dous,tres…e despois, ao sumalos fai frases, oracións…Déixame poñer un exemplo. Cando a un neno lle dis que sume dous máis dous entón el pensa: “vale, pois teño dous caramelos e entón se lles sumo outros dous teño (comeza a contar cos dedos)…”catro.

E así pasaron os meus primeiros anos coas matemáticas: sumando, restando, multiplicando, dividindo…E a cada avance que facía, as oracións numéricas íanse complicando cada vez máis e máis…Ata que un día os números decidiron cambiar de lingua.

Tiña once anos. Ese ía ser o ano no que ía aprender o que eran as ecuacións. Recordo que nesa época consideraba as matemáticas un entretemento, unha maneira divertida de aprender. Así que cando abrín o libro dese ano…a sorpresa non foi pequena.

Todo cambiara. Dun momento a outro o meu razoamento de “teño cinco caramelos e súmolle dous”, as miñas restas, os problemas, as porcentaxes…Todo se derrubou ante os meus ollos. Volvín a botarlle unha ollada ao libro. E outra vez os números estaban alí, mais eu estou segura de que me estaban a dicir “el gallego no es lengua para las matemáticas, si, total, ¿quién lo va a necesitar para sumar?…”

Setembro, 2016. Miña prima pequena chámame. Baixo as escaleiras para ver o que quere. Ela dime, cun sorriso na cara: “Sabes que? Aprendín a contar! Mira: uno, dos ,tres…”

O ensino de matemáticas en galego é necesaria. Os galegos deberiamos aprender dende o comezo a razoar en galego, senón, a nosa lingua nunca se vai consolidar. A miña escola, por sorte, decidiu que mentres se poida evitar non impartirán as matemáticas en castelán. E eu non podo estar más de acordo. Porque os números tamén poden falar en galego.

ciencialavidacotidiana

A CIENCIA NA NOSA VIDA COTIÁ, Iria Rivera Dourado 4º ESO B

A ciencia na nosa vida cotiá? Non sabería dicir todas as cousas das que forma parte … Por exemplo, están as conscientes, coma as sumas cando vas mercar ao supermercado. Coma este exemplo hainos a montóns, pero a ciencia está na nosa vida de xeito inconsciente tamén, por está en todo: cando acendemos unha luz, cando plantamos calquera cousa e a vemos medrar …

A ciencia rodéanos todos e cada un dos días da nosa vida, sen decatarnos. Cada un dos movementos está estudado pola ciencia, aínda que nós o descoñezamos. Dende o comezo sempre foros estudados e seguen séndoo, aumentando os nosos coñecementos de xeito gradual, sen pausa.

A ciencia axúdanos a responder todas esas preguntas que nos facemos as persoas: “de onde vimos?” “como se formou o Universo?” e moitas máis.

Todo o que nos gusta é posible grazas á ciencia ou é estudado por ela, facendo melloras constantes en cada momento con cada novo descubrimento.

En definitiva: a ciencia é todo o estudo de todas as cousas.

A IMPORTANCIA DA DIVULGACIÓN DA CIENCIA, Paula Lema Dourado, 4º ESO B

Cada día divulgacion-cienciaestase xeralizando a idea de que a ciencia é importante e que a debemos entender. Isto conséguese grazas á divulgación científica.

Para unha gran parte das persoas a ciencia é iso tan difícil de aprobar na escola na que ensinan cousas inservibles na vida cotiá. Aínda que isto pode ser certo, as cousas que nos parecen inútiles cando nolas ensinan, forman parte de forma indirecta na nosa vida, xa que estas forman as bases de diferentes avances biolóxicos, tecnolóxicos e científicos.

Unha maneira de achegar a ciencia á xente común é mediante charlas dadas por científicos sobre os seus descubrimentos, datos curiosos sobre a ciencia e realizar pequenos experimentos caseiros. Desta forma quitaríanse os estereotipos sobre os científicos como xente rara dentro de laboratorios e de que a ciencia é aburrida.

A divulgación da ciencia é moi importante xa que nos permite aumentar os nosos coñecementos e realizar opinións reais e obxectivas sobre determinados temas como a contaminación, a enerxía nuclear, as investigacións biolóxicas, etc.

Polo tanto a divulgación da ciencia fainos ampliar os nosos coñecementos, comprender determinados aspectos da vida, axudar a expoñer opinións obxectivas e recoñecer que grazas á ciencia temos mellor calidade de vida grazas ás investigacións para descubrir mellores transportes, vacinas, medicamentos, novas tecnoloxías, etc.

A CIENCIA NA SOCIEDADE, Eloy Mato Rial, 4º ESO B

novembro-mes-da-ciencia

Vivimos nunha sociedade cada vez máis tecnificada, con máis comodidades, medicamentos, máis esperanza de vida, etc. Ás veces esquecémonos de que todo iso levouse a cabo grazas á ciencia e ás tecnoloxías. A ciencia soluciónanos moitos problemas de saúde, comodidade e mellor forma de vida. Pero cando falamos de ciencia, sempre pensamos en científicos con batas brancas, metidos en laboratorios entre distintos aparellos ou en persoas superdotadas. Por iso temos que cambiar esa idea que temos da ciencia e levala a máis campos da nosa vida e pensar que a ciencia é máis importante do que nós pensamos e que grazas a ela temos moitos beneficios e sobre todo que non estea restrinxida a un laboratorio e a uns cantos científicos moi intelixentes. Moitas persoas pensan que as matemáticas, física ou outras ciencias son complicadas, difíciles, pero realmente son divertidas, ademais de desenvolver a intelixencia.

ensino-ciencias

A IMPORTANCIA DA CIENCIA NAS NOSAS VIDAS, Manuel Romero Suárez 4o ESO B

A ciencia é algo do máis importante das nosas vidas ca que non so é traballo de experimentos feitos en laboratorios senón que tamén coa axuda da tecnoloxía fomos capaces de inventar cousas como o helicóptero, capaz de voar, un coche; que grazas
a un motor, catro rodas, un volante e varias cousas máis; é capaz de andar e é o medio de transporte máis usado nos nosos días.

Pero a ciencia tamén é capaz de desenvolver medicamentos e combater diversas enfermidades. A ciencia tamén axuda a que se demostren teorías sobre o universo; como se creou a Terra, o porque das mareas dos mares, etc.

En definitiva, a ciencia foi do máis importante, é do máis importante e será do máis importante das nosas vidas.