Daily Archives: Decembro 18, 2018

CALIGRAMAS DE VANGARDA!!

Estándar

O alumnado de 4º da ESO, baixo a coordinación do profesor de Lingua Galega e Literatura, Xavier Cuns, para se introducir na poesía de vangarda experimentaron a creacións de caligramas e o resultado foron estes creativos poemas que se engaden á colección xa iniciada hai dous cursos e que están pendurados nos corredores das súas aulas.

CPI As revoltas contra a violencia de xénero

Estándar
LECTURA do CPI As Revoltas CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 
antes do minuto de silencio das 12 da mañá o 18/12/2018
Eran as nove da mañá. Laura preparábase para saír correr como todos os días. Colleu as chaves da súa casa e pechou a porta. Polo camiño atopouse con aquel veciño tan estraño para ela; aínda así, continuou co seu exercicio, que ademais de mellorar a súa saúde, axudáballe a afastarse da rutina.
Pasaron as horas e Laura non apareceu.
“O problema da sociedade é que hai que ensinarlle ás mulleres a non saír soas da casa”. NON.
O problema da sociedade é que hai qu ensinarlles aos homes a non converterse en monstros.
Arranxemos a sociedade ou senón mulleres como Laura acabarán desaparecendo.
(Sarai Pose)
II
Cando saír da casa soa non sexa de valentes; cando teñamos que enviar mensaxes de “cheguei á casa, estou ben” porque non se dá por suposto que esteas nin na casa, nin ben; cando non aceleremos o paso se alguén nos chama, cando non nos violen, cando non nos maten, entón poderemos dicir que avanzamos. Mentres tanto, Laura son eu, Laura es ti, é túa nai, túa irmá, túa moza ou amiga.
Laura somos todas
(María Paz)
III
Non me gustaría rematar os meus estudos e que un home demente me sacase a vida por calquera absurda razón. Tampouco me gustaría gardar un día cruel na miña memoria, onde un señor me insulte, me force e me agrida.
Menos me gustaría perder o resto da miña vida con persoas que de verdade non me aprecien e me respecten”
(Sara Caamaño)
IV
Cada ano, os casos de violencia de xénero, a maioría dos cales causan a morte das súas vítimas, aumentan descontroladamente en todo o mundo.
Non é un fenómeno que suceda nun lugar concreto, senón que é algo mundial, algo que nos afecta a todos e todas e que debemos deter.
(Brais Martínez)
Non á violencia machista.
Nin unha menos.